La música es el corazón de la vida. Por ella habla el amor;
sin ella no hay bien posible y con ella todo es hermoso. Franz Liszt

jueves, 6 de octubre de 2011

PONTEAREAS


O pasodoble Ponteareas composto por R:Soutullo,é unha das pezas máis escoitada e bailada na nosa comunidade e fora dela. Seguro que os vosos pais e avós nalgunha festa tamén disfrutaron con ela.
Agora tocavos o turno....De momento non a imos bailar, pero ide escollendo parella para cando toque. O que imos facer primeiro é acompañala con instrumentos de pequena percusión. Despois da clase de hoxe, estades máis que preparados.
Esta grabación é da Banda Sinfónica de Betanzos, unha pena que ningunha das nosas bandas ( Sober ou Monforte) a teñan grabada. Noutra ocasión.Así que disfrutade e ide ensaiando na casa.
Unha pregunta para a próxima clase, ¿porqué se chama Banda Sinfónica?